Sunday 19 de May de 2024

“Arte en movimiento” na Casa da Cultura de Fene


O vindeiro luns, 2 de maio, ás 19.30 horas inaugúrase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene a mostra colectiva de pintura “Arte en movimiento”. A exposición, organizada pola pintora Manuela Castro, amosa o traballo de 32 pintores e pintoras, a maioría da Coruña e arredores.

“Arte en movimiento” poderá visitarse ata o sábado 21 de maio en horario de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Na inauguración, o vindeiro luns, haberá un recital de poesía a cargo da escritora Rosa Martínez Dios.

Os/as artistas presentes nesta mostra son: Alejandra Taboada, Alexandra Fernández, Amelia Seoane, Ángeles Jorreto, Begoña Tojo, Carlota Paz, Carmen Torreiro, David Manteiga, Delio Sánchez, Dolores Leal, Enrique Castro, Félix Díaz, Francis Marrouch, Francisco Otero, Irene Silva, Joam Berride, José Luis Pardo, Julio Sanjurjo, Lola Camino, Manuela Castro, Mar Sande, María Regueira, Marité Prieto, Nieves Castro, Nito Pereira, Novais, Nuria Vilanova, Paco Casal, Pilar Fandiño, Pilar Pastoriza, Ra Iribarne, Rosa Salanova, Rosa Guisán e Susana de Artaza.